Ate o 22 de Maio, o Consorcio de Augas do Louro pon en marcha o I Concurso de Debuxo Infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”. Nel poderán participar todos aqueles nenos e nenas que se atopen cursando 3º e 4º curso de Primaria nos Concellos de O Porriño, Tui, Salceda de Caselas e Mos.
Os nenos e nenas teñen que amosar nos seus debuxos como a auga chega dende a natureza ata as súas casas utilizando os diferentes elementos que forman o ciclo integral da auga. Para iso, os debuxos deberanse presentar no papel oficial que o Consorcio do Louro subministra para este concurso. Os participantes que queiran ver unha referencia gráfica de como é o ciclo da auga poderán facelo na páxina web do Consorcio de Augas do Louro. Entre todos os debuxos participantes realizarase una preselección de 6 debuxos por Concello. Estes debuxos estarán dispoñibles no enlace de Facebook habilitado dende a páxina web www.consorciodolouro.es para que os usuarios poidan votar e elixir ao gañador e aos dous finalistas de cada Concello a partir do luns 30 de maio. O premio para os catro gañadores (un por cada Concello) será unha tableta Samsung 7’’ e o premio para os oito finalistas (dous por cada Concello) será unha cámara dixital acuática.
Sem comentários:
Enviar um comentário