O Concello de Tui e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos amosan o seu agradecemento á poboación de Tui pola excelente resposta á campaña de doazón de sangue desenvolvida no municipio os pasados días 18 e 19 de xullo cando 179 veciños se achegaron á unidade móbil para realizar unha doazón.
Do total de persoas que se achegaron ata unidade situada na Praza de Galicia 152 puideron doar sangue e 7 deles era a primeira vez que o facían.
Esta resposta da poboación tudense continúa na liña dos últimos anos. Así compre lembrar que en 2015 houbo 1.048 doazóns de sangue en Tui co que sitúa a media anual en 62 doazón por cada mil habitantes, unha cifra que está por riba da media galega. Precisamente grazas a esta boa resposta a unidade acode unha vez ao mes á cidade. Tui conta con 2.504 doadores censados que realizaron 16.755 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil do CTG en marzo de 1995.
Sem comentários:
Enviar um comentário