Mañá xoves, 1 de setembro, ás 12.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, realizarase unha recepción oficial aos deportistas Óscar Carrera e Frank Casañas, que participaron nos pasados Xogos Olímpicos de Río 2016.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, xunto ao outros concelleiros de Tui.
O Concello de Tui convida a todas aquelas persoas que queiran asistir a este recoñecemento público, que acudan ao salón de plenos para acompañar aos deportistas olímpicos.
Sem comentários:
Enviar um comentário