terça-feira, 30 de agosto de 2016

Abertas as inscricións para o III Torneo de Tenis da Eurocidade

Celebrarase dende o 15 de setembro e até o 2 de outubro, esperando superar os 170 participantes do ano pasado
 Dende o pasado mércores, 24 de agosto, e até o  mércores 7 de setembro permanecerán abertas as inscricións para o “III Torneo de Tenis da Eurocidade”, que novamente organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Este torneo disputarase nas pistas de tenis de Areas, en Tui, e nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença, dende o 15 de setembro ata o 2 de outubro.
Nesta terceira edición os organizadores esperan superar a cifra dos 170 participantes do ano pasado, ampliando as categorías do torneo ás seguintes: absoluto masculino e feminino, dobres absoluto, veteráns +45, junior, cadete e alevín.
As inscricións poden realizarse a través da páxina www.ibertenis.com, podendo encontrar toda a información a través desta mesma páxina, no facebook do Club Tenis Tui, tenistui.asociación, así como no número de contacto 658 866 403. O prezo da inscrición é de 5€ por participante.

Sem comentários:

Enviar um comentário