O Concello de Tui convoca dez postos dobres de venda directa para a VI Festa Gastronómica que se celebrará na rúa Lugo o sábado 13 de agosto, de 20 a 00h, dentro da Festa do Miño.
A esta convocatoria só poderán optar asociacións culturais do municipio de Tui inscritas no rexistro municipal de asociacións. As interesadas deberán presentar este xoves 4 e venres 5 de agosto o modelo normalizado de solicitude no rexistro de entrada do Concello en horario de 9 a 14h. Deberán acompañar copia do CIF da asociación, nomeamento da xunta directiva, DNI do presidente da asociación, os certificados de manipulador de alimentos de cada membro participantes así coma a carta de produtos á venda e os prezos dos mesmos.
As bases desta convocatoria poden consultarse na web municipal, no taboleiro de anuncios da casa do concello ou no departamento de Cultura. Segundo se recolle nas mesmas os produtos que se poñan á venda deberán ser naturais, autóctonos e elaborados artesanalmente, amais permitirase á venda de auga, refrescos, cervexa ou viño. Os participantes deberán aboar unha taxa de 14,90€, pola ocupación de vía pública cun posto de venda ambulante de 10 metros cadrados.
Sem comentários:
Enviar um comentário