O Centro de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, a finais de setembro un obradoiro de inglés para a restauración promovido polo Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Tui.
Esta actividade forma parte "Obradoiros de inglés para o turismo rural, termal e hostaleiro" promovidos pola Deputación para capacitar ao alumnado para o emprego de termos, expresións e funcións comunicativas concretas relacionadas coas actividades laborais diarias propias nun establecemento rural, hostaleiro ou termal. Os interesados deben ter entre 16 e 35 anos e estar empadroados nalgún dos concellos da provincia así coma ter coñecementos mínimos de inglés nivel A2. En Tui impartirase o luns 26 e martes 27 de setembro, en horario de 9.30h a 15h cun máximo de 12 prazas.
Os interesados teñen que presentar as súas solicitudes ata o 30 de agosto no rexistro xeral da Deputación ou nas oficinas de rexistro da Deputación. Xunto ao modelo normalizado de solicitude deberán achegar fotocopia do DNI, volante de empadroamento e certificado mínimo do nivel de A2. Para os que non posúan o certificado de nivel farase unha proba de nivel no edificio administrativo da entidade provincial o 7 de setembro. Tamén se poden presentar a solicitude nas oficinas do ORAL en Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário