Este venres 26 de agosto, terá lugar unha charla coloquio sobre a Memoria Histórica na Galiza, organizada por Galiza Nova Baixo Miño.
A cita terá lugar ás 20:30 na Aula Uned de Tui (rúa Antero Rubín), e , contaremos coas intervencións de : Elena Mansiño (simpatizante de Galiza Nova), Alberte Mera (portavoz nacional de Galiza Nova), Marga do Val (escritora e BNG Tui), Alfonso Álvarez Cáccamo (escritor e BNG Oia) e Luis Bará (candidato ás eleccións galegas).
No transcurso desta palestra @s oradores/as vencellad@s tradicionalmente ao traballo neste eido aportarán distintos puntos de vista sobre o noso pasado, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla e directa.
Ao remate do mesmo procederase a ler un manifesto público e realizarase unha ofrenda floral ante o monumento aos represaliados do 36.
Desde Galiza Nova animamos a toda a veciñanza da comarca a asistir ao acto e así coñecer de primeira man o noso pasado para termos un futuro digno.
Sem comentários:
Enviar um comentário