domingo, 28 de agosto de 2016

Domingo de carallada na Asociación Cultural Betún. O noso benquerido socio nº 8 rodearase de grandes músicos para ofrecernos unha noite moi especial.
Vai ser un concerto no que haberá un pouquiño de todo, pezas a sólo, dúos, en grupo... E a música fluirá un pouquiño entre clásico, contemporáneo e moderno. 
Ven desfrutar deste deleite musical no que será o último domingo de Agosto na casa betuneira e, tamén posiblemente, o último día de troula con nós en muito tempo para o noso grande Ramilo!
Artistas invitados: Gustavo Hernán, Daniel Diaz, Margarida Mariño, Juan M. Cao, Diego Alonso "Tornado", Diego Iglesias, Adrián Pérez, Berto Álvarez, Fofinsky Dorado, Rober Santos etc...

Sem comentários:

Enviar um comentário