Adestrarán nos pavillóns deportivos municipais de Tui dende o 24 ao 30 de agosto
Dende o mércores 24 ata o martes 30 deste mes, a Federación Galega de Baloncesto organizará no concello de Tui as Xornadas de Mellora Técnica, nas que participarán un total de 144 deportistas de toda a xeografía galega, acompañados por unha coordinadora, dez adestradores e un fisioterapeuta. Os adestramentos dos participantes terán lugar no vello pavillón deportivo municipal e no pavillón do IES San Paio de Tui.
A federación ten planteados dous adestramentos diarios, con traballo de aspectos de mellora técnico-táctica do xogador/a, xunta a unha terceira sesión de caracter competitivo. Así mesmo, os deportistas participarán en diferentes actividades lúdicas e asistirán a charlas de diferentes departamentos, como saúde, arbitraxe, etc.
72 xogadores no primeiro turno (do 24 ao 27) e outras 72 xogadoras no segundo (do 27 ao 30), de categorías infantil e minibasquet (nados do 2003 ao 2006), adestrarán en Tui froito do acordo de colaboración entre a Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Tui e o Club Baloncesto Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário