terça-feira, 9 de agosto de 2016

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN PATRIMONIAL NO MONTE ALOIA 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o programa de Recuperación patrimonial no Monte Aloia.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias realizarán diferentes actividades no Parque Natural do Monte Aloia.
Quendas:
Do 05 ao 09 DE SETEMBRO
Do 12 ao 16 DE SETEMBRO
Do 19 ao 23 DE SETEMBRO
O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar.
-As persoas voluntarias deben desprazarse por conta propia ata o punto de queda.
Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o formulario de inscrición.

Sem comentários:

Enviar um comentário