terça-feira, 30 de agosto de 2016

Área de Autocaravanas de Tui

A área de autocaravanas situada na Avenida de Portugal vén de ser conectada ao sistema de saneamento xeral, de tal xeito que os vertidos dos usuarios deste espazo van directamente, ao través dos colectores, á EDAR de Guillarei. Deste xeito, coa obra acometida polo Consorcio do Louro, eliminouse a fosa séptica que ata o de entón recollía as augas fecais. O elevado número de autocaravanas que empregan esta área facía que a fosa séptica tivese que ser baleirada frecuentemente co conseguinte desembolso económico.
Deste xeito mellóranse os servizos desta infraestrutura turística que con conta cun gran número de usuarios ao longo de todo o ano.