O sábado, 24 de setembro, celebrarase o II Torneo de Xadrez da Eurocidade organizado polos clubs Xadrez Tui e Xadrez Infortui xunto ao Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.
A presentación desta actividade tivo lugar hai uns días na Cámara de Valença por parte dos responsables de deportes das dúas cidades, Laureano Alonso e José Monte, o director técnico do torneo e representante de Xadrez Galega, Roberto Paramos, e o presidente do club Xadrez Tui, Luís Fernández.
O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, explicou coma o xadrez será a segunda modalidade deportiva, despois do fútbol sala veterano, da que a Eurocidade conte cun club. Ao tempo destacou o interese por potenciar a práctica do xadrez por parte dos dous clubs tudenses o Xadrez Tui e o Xadrez InforTui. Amais o vereador de Desporto de Valença, José Monte, avanzou que en setembro no novo curso escolar o xadrez pasará a ensinar nas escolas valencianas.
Roberto Paramos de Xadrez Galego destacou que este II Torneo de Xadrez da Eurocidade é un evento único en Europa ao celebrarse entre dous países. Ao tempo subliñou que a súa celebración fará da Eurocidade un referente do xadrez tanto a nivel galego, nacional coma internacional. No mesmo culminará o traballo de formación de xadrez que se realizará ao longo do ano.
Por último o presidente de Xadrez Tui, Luís Fernández, amosou a total colaboración do seu club e a intención de estreitar lazos cos xogadores de Valença.
O II Torneo de Xadrez da Eurocidade celebrarase o sábado 24 de setembro de 10 a 20h. Pola mañá a competición terá lugar na Área Panorámica de Tui e pola tarde na Praça da República de Valença, onde se disputarán as finais. Está previsto a participación de 120 xogadores dende A Coruña ata Faro, sendo a metade de cada país. A inscrición está aberta ata o mes de setembro en xg@xadrezgalego.net ou no teléfono 986 26 02 59.
Sem comentários:
Enviar um comentário