A Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende o luns, 8 de agosto, e ata o 4 de setembro a exposición "Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago". Na mesma recóllense fotografías realizas por Manuel G. Vicente achegándonos a súa propia visión da peregrinación a Santiago.
O luns día 8 de agosto ás 19.30h a mostra será visitada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.
A exposición abrirá de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 9 a 13h.
Sem comentários:
Enviar um comentário