Mañá venres, 10 de marzo, ás 19:00h a Área Panorámica, acollerá unha mesa redonda clausura da exposición que a Escola Superior Gallaecia, ESG, de Vila Nova de Cerveira presenta en Tui dende o pasado mes de xaneiro. Será no anexo da Sala Municipal de Exposicións onde está exposta a mostra.
Baixo o título “Tui 2020: contribucións á evolución da cidade” participarán Gilberto Carlos, director do curso de arquitectura e urbanismo da ESG; Eva Esposito, Sílvia Rodriguez, Sofia Durán, Ricardo Erasun, estudantes de arquitectura da ESG, Miguel Font Rosell, arquitecto técnico, xunto á concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, e o concelleiro da Eurocidade e tenente alcalde, Miguel Capón.
O acto será un debate final tras a presentación nesta exposición dos traballos realizados polos estudantes do curso de arquitectura e urbanismo da ESG sobre o tecido urbano e rehabilitación do conxunto histórico tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário