domingo, 5 de março de 2017

Juno & Darrell en Tui

Juno & Darrell é un dúo de músicos e compositores fundado en Madrid. Influenciados pricipalmente pola música africana e afroamericana, identifícanse cun concepto contemporáneo de espiritualidade, abrazando sons electrónicos, sintetizadores, pero mantendo elementos máis orgánicos. Juno & Darrell fannos partícipes desta viaxe en busca das raíces, creando atmosferas envolventes.
Darrell, produtor de orixe exipcia ten unha longa traxectoria investigando a música de raíz africana.
Juno, cantante de orixe guineana leva as súas composicións ao eclecticismo e experimenta coas posibilidades rítmicas da voz.
Despois do seu single "Kalimba Beat" editado en 2016 conxuntamente por Ligazón Funk e Greenville Records, presentan nesta xira "Universo", o seu primeiro longa duración.
O domingo, despois do Enterro do Bacallau, da man de V-Rocket, no Betún.
Facebook Oficial:
https://www.facebook.com/Juno.and.Darrell/
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Dende ás 21:30h
Achega íntegra para o grupo: 4€ os socios Beta, e Betuneiros de balde.

Sem comentários:

Enviar um comentário