quinta-feira, 16 de maio de 2013

A OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO ATENDEU 1417 CONSULTAS NO PASADO MES DE ABRIL


A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de abril de 2013 un total de 1417 consulta por parte de turistas que se achegaron ata a nosa cidade. Deste total de visitantes 962 tiñan procedencia española e 455 era estranxeiros.
Entre os visitantes españois salienta, a presenza de xentes procedentes doutros puntos de Galicia con 266 consultas, seguidos dos visitantes oriúndos da Comunidade Valencia con 137, outros 122 de Castela e León e 116 orixinarios de Andalucía
Pola súa banda, nos visitantes foráneos destaca a presenza de portugueses con 164 visitas, seguidos de alemáns con 109 e franceses con 34 consultas;  ata de 25 nacionalidades distintas foron os visitantes de Tui neste pasado mes.
Unha significativa porcentaxe deste visitantes eran peregrinos, que realizaron un total 375 consultas. Deles 306 eran estranxeiros (principalmente procedentes de Portugal, Alemania, Estados Unidos, Canada ou Francia) e 70 españois (con preeminencia de galegos e andaluces).
Con este datos podemos observar como existe una positivo incremento no número de visitantes que se achegan a coñecer a nosa cidade e os seus importantes recursos patrimoniais, tendo en conta amais que neste ano 2013 a Semana Santa –época de forte afluencia turística- tivo lugar no mes de marzo. 
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atópase na Praza de San Fernando inmediata á Catedral de Santa María, nunha ubicación privilexiada que, logo de case un anos de funcionamento, testemuña o acerto deste traslado por parte do goberno municipal tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário