quarta-feira, 15 de maio de 2013

A XVI FEIRA DO LIBRO GALEGO DE TUI TRASLADASE AO SÁBADO 1 DE XUÑO


A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Tui e tendo en conta as previsións meteorolóxicas que indican que o vindeiro venres a probabilidade de chuvia se estima entre o 95 e o 100%  acordou, de acordo coas librerías participantes, en trasladar a celebración da feira do libro galego prevista para este venres 17 de maio ao vindeiro sábado 1 de xuño.
Dado o caracter sensible dos libros con respecto da humidade e da auga é preciso a adopción desta medida para garantir o éxito desta nova edición, a décimo sexta, da feira do libro galego de Tui que reúne cada ano no Paseo da Corredoira a numerosos veciños e visitantes.

Sem comentários:

Enviar um comentário