A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá martes, 7 de maio, unha sesión de contacontos par aos nenos e nenas ata oito anos dei dade a cargo de Soledad Felloza. Esta actividade dará comezo ás 18,30 horas e forma parte da programación do “Mes dos Libros” que promove este centro bibliotecario.
“Sole Felloza conta todo o que le” é o título desta sesión de contacontos, onde “todo o que recolle polo mundo diante, alí onde vai ela a contar de recordo só trae libros para a súa biblioteca que xa e mais grande que a casa enteira”.
Con este novo espectáculo continua avanzando a programación do “Mes dos Libros” que ao longo do mes de abril e maio organiza a Biblioteca Municipal tudense dentro dos seus obxectivos de promoción e dinamización lectora.
As actividades proseguiran a videira semana con novas ofertas para todas as idades:
Mércores 15 de maio:
Recital “O Xardin desordenado” música aos poetas galegos
Sala Felix Rodríguez González – 20,30 horas
Venres 17 de maio: Dia das Letras Galegas XVI Feira do Libro
Participan: Libreria Iris e Valverde de Tui
Biblioteca Municipal, Liberia Moderna e Santa Teresinha de Valença
Xoves 23 de maio
“O aviador” espectáculo de aventuras con Elefante Elegante
18,30 horas
Sem comentários:
Enviar um comentário