Xunto
con Valença a Eurocidade acolleu a saída de 662 persoas
No
pasado de abril a cidade de Tui foi escollida por un total de 346
peregrinos para iniciar a súa peregrinación cara á Santiago de
Compostela, sumándolle os que iniciaron a súa peregrinaxe en
Valeça, 316, temos que da Eurocidade saíron cara a Compostela 662
peregrinos.
Neste
mesmo mes de abril foron 2043 os peregrinos que realizaron o
itinerario do camiño portugués que se consolida cada día como o
segundo camiño de peregrinación, como alternativa ao Camiño
Francés.
Os
datos estatísticos deste mes de abril verbo doutros anos son menores
ao celebrase este ano a Semana Santa no mes de marzo, pois nestas
datas sempre existe un importante fluxo de peregrinos.
Para
os responsables municipais estes datos testemuñan como a
peregrinación xacobea é un recurso turístico e cultural de
primeiro orde na nosa cidade pois aporta un importante número de
visitantes que percorren as rúas do noso conxunto histórico.
Tamén
amosan a súa satisfacción pola consolidación da nosa cidade como a
auténtica porta de entrada en Galicia do camiño portugués como ven
reflectido nos datos estatísticos aportados. Os peregrinos que
preparan o seu itinerario de peregrinación escollen, en bo número,
a Tui como lugar de inicio do seu camiño ou como etapa da súa
peregrinaxe tanto polos seus recursos turísticos e patrimoniais, coa
Catedral como gran atractivo, como polos servizos de atención aos
peregrinos que oferta este municipio.
Con
estes datos facilitados pola Oficina de Estatística do Arcebispado
de Santiago evidénciase, nunha nova oportunidade, a importancia que
posúe a nosa cidade nos itinerarios xacobeos e como o Camiño
portugués segue gozando dun alto atractivo para os peregrinos que
percorren esta ruta histórica de peregrinación que ten en Valença
e Tui o seu lugar de entrada en Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário