segunda-feira, 13 de maio de 2013

ESTE MERCORES “O XARDIN DESORDENADO” CON MARLENE RODRIGUES E SANTIAGO FARRAGUD NA BIBLIOTECA MUNICIPAL


A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este mércores, 15 de maio, ás 20,30 horas un recital de música a cargo de Marlene Rodrigues e Santiago Farragud que presentan o seu espectáculo “O xardín deseordenado” que recolle composicións de poetas galegos.
Esta actividade se enmarca dentro da programación de actividades que impulsa a Biblioteca Municipal tudense ao longo dos meses de abril e maio baixo o nome xenérico de “Mes dos Libros”.
Hai un par de outonos, estes músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios cronolóxicos, estilísticos ou temáticos, senón á inspiración (ás veces provocación) que os poetas producían nos "exploradores". 
O seu obxectivo era promover a poesía galega, e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes, que pola variedade xeracional e estilística, poden constituír unha mostraxe significativa. Chamaron ao CD: "Xardín desordenado" e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes "xardineiros desordenados" converteron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues...
Agora este mércores 15 de Maio, dentro do ciclo "Mes dos Libros", achegaranse á Biblioteca Municipal de Tui, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud -as voces de Xardín Desordenado- para ofrecer cancións dese primeiro traballo, xunto con outras pertencentes xa ao repertorio de poetas mulleres, nun formato íntimo e emotivo, co que están a percorrer as bibliotecas de Galicia.

Sem comentários:

Enviar um comentário