O Concello ofrece transporte gratuíto
a todos os tudenses que desexen participar
O vindeiro
domingo 9 de xuño o Concello de Tui exercerá as función de
Delegado rexio no solemne acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo.
Para propiciar a participación dos
cidadáns de Tui nos actos desta singular tradición acompañando á
Corporación Municipal o Concello de Tui, segundo informa o Alcalde
nun bando dictado no dia de hoxe, ofrece transporte gratuíto para
todos os interesados en participar neste evento. Os buses sairán en
torno ás 07,00 da nosa cidade regresando arredor das 19,00 horas
para chegar de novo a Tui sobre ás 22,00 horas.
As persoas interesas deben inscribirse
nas Oficinas do Concello de Tui en horario de 09,00 a 14,00 horas, ou
no teléfono 986 60 36 43, ata o vindeiro día 3 de xuño.
Anualmente, o domingo seguinte ao do
Corpus Christi ten lugar en Lugo este acto institucional e relixioso
centenario no que participan os mandatarios das antigas capitais do
Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela,
Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa
posterior procesión pola cidade, coa que aquelas autoridades cumpren
co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas
da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o
Altar Maior onde está exposto permanentemente o Santísimo
Sacramento.
Ata os nosos días celébrase
ininterrompidamente este rito da Ofrenda do mesmo xeito nunha misa
solemne: por quendas rotatorias anuais, os mandatarios municipais das
sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde de cada cidade ou
un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda.
É a tradición institucional mais
antiga que se conserva en Galicia como símbolo da nosa identidade e
condición colectiva do noso país. Correspondíalle á cidade de Tui
exercer a súa quenda no pasado ano 2012 pero cedeuna tras unha
petición formulada polo rexedor de Lugo para poder inaugurar as
obras de restauración da Capela Maior do templo catedralicio
lucense.
Sem comentários:
Enviar um comentário