quarta-feira, 15 de maio de 2013

O GOBERNO MUNICIPAL DE TUI SEGUE TRABALLANDO NO SEU COMPROMISO DE APOIO AOS AFECTADOS POLAS “PREFERENTES”


O goberno municipal de Tui co seu alcalde ao fronte quere expresar diante da opinión pública, nunha nova oportunidade, a súa postura verbo das demandas expresadas pola Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño que de novo volven perturbar o funcionamento da Casa do Concello e a vida dos cidadáns tudenses coas súas protestas varios días á semana:
1.- Este goberno local de Tui dará traslado do escrito e das demandas solicitadas pola Plataforma de afectados de O Baixo Mino non só aos os grupos da Corporación Municipal de Tui senón a todos os Concellos da comarca, así como ao delegado do Goberno en Galicia e ao Presidente da Xunta de Galicia.
2.- O goberno local de Tui seguirá apoiando, axudando e reclamando a devolución integra de todo o diñeiro estafado a todos os aforradores tudenses e, por extensión solidaria, a todos os aforradores galegos.
3.- O goberno local de Tui nunca ten feito demagoxia sobre este problema e non a fará nunca. Considera una falta de respecto cara a todos os afectados e tudenses en xeral abrir loitas ou debates paralelos que interfiren na resolución deste problema.
4.- Para o goberno local de Tui a única xestión valida nesta crise é a dos feitos. O traballo desenvolvido nos últimos meses por esta Alcaldía e o seu equipo de goberno é innegable. As innumerables xuntanzas, xestións, escritos, etc realizados son coñecidas e valoradas pola Plataforma. E o noso traballo continúa a prol dos afectados, e así nas últimas horas dez novos aforradores de Tui foron convocados á arbitraxe. Non se pretenda xerar novas polémicas nin sementar dúbidas sobre o compromiso deste goberno municipal con este tema.
5.- Non somos números senón persoas e todos os tudenses teñen demostrado xa a súa solidariedade e respecto para saír desta crise unidos. Nunca haberá suficientes arbitraxes ata que se teñan chamado e solucionado o problema de todos e cada un dos estafados.  Velaí o noso único compromiso.

Sem comentários:

Enviar um comentário