sexta-feira, 3 de maio de 2013

NOVO SORTEO DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA PRAZA DE ABASTOS.


O venres día 3 de maio ás 10.30 horas terá lugar na Praza de abastos de Tui o segundo dos sorteos de agasallos entre os usuarios deste mercado que participan na campaña “ Presume de Praceira/o” .
 Co fin de incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos e Mercados, así como a posta en valor de profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan día a día na nosa Praza de Abastos, está en desenvolvemento a terceira edición da campaña de promoción “PRESUME DE PRACEIRO/A” organizada pola Conselleria  de Economía e Industria coa colaboración do Concello de Tui. 
O obxectivo da acción promocional é implicar aos clientes do mercado na elección do que é, a xuízo destes usuarios, o mellor praceiro/a en función da calidade dos produtos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente sobre a base da súa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de prescriptor diario respecto á súa clientela.
Ademais de elixir cos seus votos ó mellor comerciante do seu mercado, os clientes participarán en sorteos de cheque de compra que deberán ser canxeados  no proio mercado. Celebraranse dous sorteos, o último deles o vindeiro 3 de mario  ás 10.30 horas na propia Praza de Abastos. 
 Dende esta concellería  de Mercado e Praza de Abastos, agradecese a  tódolos  os profesionais da nosa Praza de Abastos, praceiros e praceiras  a súa implicación e colaboración nesta campaña así como a súa asistencia ao sorteo. Igualmente dende o Concello de Tui agradécese a participación nesta campaña dos usuarios deste mercado municipal 

Sem comentários:

Enviar um comentário