terça-feira, 14 de maio de 2013

O CONCELLO DE TUI SE CONGRATULA POLO ANUNCIO DA MELLORA DA LIÑA DE FERROCARRIL PORTO-VIGO


O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, amosa a súa satisfacción polo anuncio realizado onte tras a cumio entre os gobernos de España e Portugal de significativas melloras na liña de ferrocarril existente en Vigo e Porto e que afecta directamente ás comunicacións da nosa cidade e á mobilidade na Eurorrexión.
A implantación do billete único e especialmente a reducción dunha hora na duración da viaxe son importante anuncios que avanzan na mellora das comunicación e para lograr unha liña ferroviaria adaptada aos requirimentos do século XXI. Aínda que para achegarse a este obxectivo haberá que agardar á electrificación completa desta rede ferroviaria que se anuncia para 2016.
O rexedor tudense lembra como foron os mandatarios da Eurocidade os primeiros que expresaron, nos últimos días de xuño e primeiras semanas de xullo de 2011 a súa radical oposición ao anuncio expresado pola autoridades portuguesas de supresión desta liña de ferrocarril. O envío de cartas aos responsables gobernamentais de ambos países e mesmo unha viaxe simbólica entre Valença e Tui acompañada por numerosos veciños da Eurocidade contribuíron á apertura dun debate sobre as comunicacións na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal que no día de onte ten avanzado substancialmente para lograr unha transformación deste liña de ferrocarril.
Dende o Concello de Tui se agradece a todos os sectores sociais que teñen impulsado a mellora desta comunicación ferroviaria o seu traballo e esforzo e amosa a súa gratitude cos responsables gobernamentais de España e Portugal que tiveron a necesaria sensibilidade para abordar solucións que procurasen non a supresión desta liña senón a súa mellora para adaptala ás necesidades dos cidadáns da Eurorrexión.

Sem comentários:

Enviar um comentário