O rexedor tudense solicita que as melloras na liña ferroviaria Porto-Vigo anunciadas na última cumbre hispanolusa cunha sustancial reducción do tempo de percorrido deste ferrocarril non supoñan deixa á Eurocidade Tui – Valença sen unha parada nesta liña de transporte.
Neste sentido ten enviados senllos escritos á Ministra de Fomento do Goberno de España e ao Ministro da Economía e do Emprego do Goberno de Portugal na que expresa a súa preocupación por este tema, pois a reivindicación contra a supresión deste enlace ferroviaria que foi iniciada polos rexedores de Valença e Tui no mes de xuño de 2012 tiña como obxectivo mellorar as comunicación desta eurorrexión, e mobilidade dos seus habitantes e a cohesión deste territorio.
O funcionamento desta liña como un auténtico medio de transportes entre as localidades da eurorrexión contribuiría moi positivimente ao desenvolvemento socio-económico desta zona. Resulta evidente que compre un replantexamento desta liña, engade na misiva o alcalde tudense, pero non pode ser a costa de reducir ás comunicacións que este transporte establece.
Por tanto, Moisés Rodríguez, solicita a permanencia dunha parada deste tren Porto –Vigo na eurocidade Tui – Valença para garantir a continuidade deste necesario servizo de transporte público pois “os beneficios socio-económicos que reportaría son superiores, sen dúbida algunha, aos custes que implique esa continuidade”.
Sem comentários:
Enviar um comentário