Este sábado, 11 de maio, terá lugar en Tui unha xornada de estudo sobre a figura de José Calvo Sotelo e a súa achega ao municipalismo e que servira para conmemorar o 120 aniversario do seu nacemento que se cumpriu o pasado dia 6 de maio.
Este acto está organizado conxuntamente pola Fundación Ignacio Larramendi, o Instituto de Estudios Históricos da Fundación San Pablo – CEU e o Concello de Tui. Esta xornada terá lugar no salón de acto da Aula da UNED de Tui a partires das 11,30 horas.
O programa desta Xornada abrangue
Benvida do Alcalde de Tui
Presentación da xornada por D. Luis Hernando de Larramendi, vicepresidente executivo da Fundación Ignacio Larramendi
Relatorio de D. Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martin (Letrado do Consello do Estado, foi, entre outros cargos, Subsecretario do Ministerio do Interior e Secretario General do Centro de Estudios Avanzados en Ciencias Sociales do Instituto Juan March de Estudios e Investigaciones) titulado “La labor municipal de D. José”
Relatorio de D. José Calvo-Sotelo Olry de Labry titulado “Vigencia familiar de la figura de D. José”
Relatorio de D. Alfonso Bullon de Mendoza, director del Instituto de Estudios Históricos CEU sobre a traxectoria de José Calvo Sotelo.
Tamén está prevista a proxección dun documental que recolle a biografía de José Calvo Sotelo e ao remate da mañá unha visita ao monumento a Calvo Sotelo onde será depositado en ramo de flores.
A realización desta xornada pretende achegar a todos os veciños de Tui e interesados unha aproximación á figura de José Calvo Sotelo, un dos principais referentes da política española nos anos vinte e trinta do pasado século. Nesta xornada se pretende un achegamento a unha vida e traxectoria política e profesional que abrangue moitos máis aspectos que o de converterse en icona do réxime franquista no que el non participou. Elixido deputado en 1919 será co Directorio Militar de Primo de Rivera Director General de Administración, realizando o Estatuto Municipal e Provincial que aínda hoxe segue mantendo a súa vixencia doctrinal; é nomeado Ministro de Facenda no Directorio Civil, onde promove unha profunda reforma fiscal, a creación dun sistema de banca pública e a creación do monopolio de petróleo. Coa proclamación da República marcha ao exilio retornando en 1933 como líder da dereita monárquica, aínda que foi electo deputado por Carballiño en todos os comicios da II República. O seu asasinato o 13 de xullo de 1936 corta esta traxectoria política.
Sem comentários:
Enviar um comentário