O pasado martes celebrouse no Teatro Municipal de Tui a conferencia divulgativa sobre o comportamento dos pais e nais no deporte, organizada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui, en colaboración co Tyde F.C., na que asistiron ao redor de cen persoas.
Na mesma, tras un vídeo de presentación da Concellería de Deportes de Tui, visualizouse a película “6 contra 6”, imaxines perfectas para ilustrar a conferencia que impartiu o psicólogo deportivo Antonio Piñeiro.
O acto contou coas intervencións de Mirolad Ratkovic, ex-xogador do Celta de Vigo, Serafín Alonso, Presidente da Fundación Celta de Vigo, David Pérez, árbitro de 2ª División, e do tudense Manuel Garrido, moderados polo director da Radio Municipal de Tui, José Font.
Coas preguntas do público asistente aos conferenciantes iniciouse un interesante debate, tras o cal, e para rematar o acto, visualizouse un último vídeo ilustrativo dos comportamentos que a veces ocorren nos campos de xogo.
A Concellería de Deportes de Tui desexa agradecer á Deputación de Pontevedra pola celebración deste interesante acto na nosa cidade, así como aos conferenciantes pola súa participación. Agradecer tamén ao Tyde F.C. pola súa colaboración na organización deste evento, así como aos responsables da coordinación do acto, José Font, Diego, Melchor e Gus Abreu.
Para Nicolás Lorenzo, estas conferencias son moi positivas, tanto para os pais e nais, como para os propios deportistas, polo que dende a Concellería de Deportes de Tui se traballará na organización doutras charlas relacionadas co mundo do deporte.
Sem comentários:
Enviar um comentário