quarta-feira, 29 de maio de 2013

Novas audicións de alumnos da escola de música e do conservatorio profesional de música do Concello de Tui

A Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Música Municipal de Tui, continua desenvolvendo o seu programa de audicións dos diferentes seminarios de especialidades instrumentais, nesta semana tócalle  o seminario de corda frotada e de vento madeira.
 As datas e horarios son as seguintes:
-          O xoves, 30 de Maio, a partir das 21:00h, Audición a cargo de alumnos de Clarinete, na Sala de Audicións do Centro
-          O venres, 31 de Maio, a partir das 20:30h, na propia Sala de Audicións, audición a cargo dos alumnos de Corda Frotada, acompañados polos alumnos máis pequenos do Centro, os alumnos de Música e Movemento de idades entre 5 e 7 anos.
 A entrada a este “concertos” é libre e gratuíta ata completar o afororamento.

Sem comentários:

Enviar um comentário