Coñecer máis de preto o funcionamento da institución municipal, a máis cercana aos cidadáns, foi o obxectivo da visita que o luns realizaron á Casa do Concello unha trintena de alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Pazos de Reis xunto cos seus profesores.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deu a benvida ao escolares explicándolles o funcionamento do Concello de Tui, os servizos que presta aos cidadáns, etc. Posteriormente o rexedor tudense acompañou ao alumnado nun percorrido polos distintos departamentos emprazados na Casa do Concello que os alumnos puideron coñecer de primeira man ampliando así os coñecementos sobre a administración local que están a estudar no seu centro educativo.
O alcalde e a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, agasallaron aos nenos e nenas de Pazos de Reis cun exemplar do calendario escolar da Eurocidade no que se recollen distintas propostas de lecer para realizar en familia. Acompañados polos seus profesores Martina Horta, Marián Salvador e Manuel Fálquez o alumnado visitou posteriormente a Catedral de Tui e realizaou un pequeno tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário