sexta-feira, 30 de maio de 2014

Obradoiros nos centros educativos e un curso de deshabituación parte das ferramentas desenvolvidas en Tui para previr o tabaquismo

Este sábado, 31 de maio, celébrase o Día Mundial Sin Tabaco, cuxo obxectivo é sinalar  os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde, así coma fomentar políticas eficaces para a redución deste consumo. O tema deste Día Mundial Sen Tabaco 2014 é “Subir os impostos ao tabaco”. 
Dende o Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servicios Sociais do Concello de Tui desenvolvese ao longo de todo o ano un amplo traballo de prevención do consumo de tabaco dirixido a diversos sectores sociais coa finalidade de contribuír á erradicación deste consumo.
Mañá venres, 30 de maio, impartirán uns obradoiros sobre o tabaco ao alumnado de 6º de primaria no CEIP Nº2. Estas actividades súmanse ás desenvolvidas ao longo do curso polo Departamento de Prevención nos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio dirixidas ao alumnado de 1º da ESO. 
Amais realizouse un curso para deixar de fumar, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, que se impartiu entre o 4 de febreiro e o 26 de marzo. A primeira sesión de seguimento tivo lugar o pasado 24 de abril, amosándose a terapeuta que impartiu a actividade moi satisfeita desta sesión, xa que das 11 persoas que fixeron o curso 6 continúan sen fumar.
Dende o Concello de Tui anímase a todas aquelas persoas que queiran deixar de fumar e non o conseguen, a participar neste tipo de cursos xa que este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas mais exitosas para lograr o abandono do tabaquismo. Por este motivo dende o Concello de Tui amosan a súa vontade de volver impartir unha actividade destas características novamente o próximo ano.
    

Sem comentários:

Enviar um comentário