O Arquivo Municipal de Valença alberga hoxe o I Congreso Ibérico de Metroloxía que reune, por primeira vez, a especialistas portugueses e españois co obxectivo de intercambiar experiencias e comparar metodoloxías de traballo no ámbito da metroloxía.
O director rexional de Economía do Norte, Eduardo Jorge Viana, estivo presente no encontro xunto cos representantes das dúas localidades, o concelleiro de Formación e Emprego de Tui, José Ángel Villaverde e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, que se mostraron satisfeitos pola afluencia de asistentes ao encontro.
A xornada comezou ás 11:30h da man de José Luís Prieto Calviño, director do departamento de Calidade do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia e de José Alfonso Mondaray Zafrilla, director do departamento Eléctrico. A segunda intervención veu a cargo do exdirector de Serviços de Metrologia do IPQ, Cartaxo Reis, quen pechou a primeira sesión deste I Seminario Ibérico De Metroloxía.
O congreso continuará pola tarde coas intervencións de Carlos Sousa, profesor do Instituto Superior de Engenharia do Porto, Alberto Oubiña Dios, coordinador da área de metroloxía dimensional do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Luís Lorenzo Esperante, comandante enxeñeiro de armamento e material da Direción General de Armamento y Material do Ministerio de Defensa español, Joaquím Ferreira, xefe da Divisao de Qualidade e Licenciamento da Direçao Regional da Economía do Norte. Á clausura será ás 18h trala exposición das conclusións deste encontro internacional sobre metroloxía.
Sem comentários:
Enviar um comentário