A aula CEMIT de Tui acolle un curso dirixido aos axentes sociais que traballan con persoas maiores dentro do proxecto europeo ACTing, grazas a un convenio asinado entre AMTEGA e FUNDETEC.
O proxecto ACTing busca a transferencia dunha metodoloxía especifica de traballo con persoas maiores na súa incorporación á Sociedade da Información, desenvolvementos de iniciativas singulares protagonizadas polos maiores no uso das TIC na súa vida cotiá e concurso de iniciativas a través do cal se recoñeza a labor daquelas persoas que acheguen as TIC a este colectivo.
Na sociedade actual as Tecnoloxías da Información e a Comunicación forman parte da vida cotiá, polo que se fai necesario promover a integración das persoas maiores na Sociedade da Información para facelos partícipes de tódalas vantaxes que conleva o uso de Internet. Non se trata de ensinar aos maiores o uso das TIC, senón de facerlles entender a súa utilidade para alcanzar obxectivos e activar a súa participación social.
O curso abrangue un total de 100 horas, das cales, 16 serán presenciais na aula CEMIT de Tui a través de videoconferencia o vindeiro luns 19, martes 20 e mércores 21 de 9h a 14:30h. As horas restantes realizaranse a través dunha plataforma en liña de FUNDETEC onde se poderá acceder ás 10 unidades didácticas relacionadas coa e-inclusión das persoas maiores. Para a realización do curso débese acudir ás xornadas presenciais que se desenvolverán os días citados.
Con frecuencia os recursos en liña están fóra do alcance das persoas maiores por falta de recursos, habilidades e dinamizadores, polo que a través deste curso capacitarase aos axentes sociais que traballan con maiores para promover o envellecemento activo e a inclusión dixital de estes.
Ana Álvarez, da fundación FUNDETEC creada para impulsar a adopción e o uso xeneralizado das TIC por parte dos cidadáns, empresas e institucións, será a encargada de impartir as clases presenciais a través da videoconferencia.
Sem comentários:
Enviar um comentário