O Concello de Tui conta dende onte martes, 29 de abril, con quince novos traballadores contratados ao abeiro do Plan de Emprego da Deputación Provincial. Estas quince persoas, con categoría de peón, operario ou axudante, conta cun contrato de 25 horas semanais durante un período de seis meses. A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención de 62.728,20€ ao Concello de Tui para a contratación destas quince persoas que se encargarán de realizar labores coma recuperación e adecuación de viais, parques, xardíns e outros espazos públicos, así coma de edificios e de servizos ou de executar pequenas obras de reparación.
A selección destes novos traballadores levouse a cabo ao través dos Servizos Públicos de Emprego entre as persoas desempregadas maiores de trinta anos, preferentemente non preceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosou a súa satisfacción pola concesión desta subvención da Deputación de Pontevedra que permitirá a quince persoas que ata o de agora se atopaban en situación de desemprego traballar durante seis meses.
Sem comentários:
Enviar um comentário