A pasada fin de semana disputouse a Copa do Mundo de Piragüismo na cidade italiana de Milán, onde o padeeiro tudense Óscar Carrera, integrante do equipo nacional español xunto a Javier Hernanz, Iñigo Peña e Rodrigo Germade, acadou a medalla de ouro na modalidade K4 1.000 metros, por diante dos equipos de Italia e Eslovaquia.
O padeeiro do Club Kayak Tudense, que ten a concentración permanente nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Madrid, xunto aos seus compañeiros do equipo nacional, competirá no Campionato do Mundo en Moscú, onde espera acadar os mellores resultados.
O Concello de Tui felicita a Óscar Carrera e aos seus compañeiros do equipo nacional K4 polo triunfo nesta Copa do Mundo, así como lles desexa moitos éxitos nas próximas competicións.
Sem comentários:
Enviar um comentário