Este domingo 25 de maio terá lugar en Tui o III Torneo Kaiak Polo Club Penedo, organizado polo equipo feminino do Club Penedo xunto coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo dentro da XIX Liga Galega de Kaiak Polo.
A cita terá lugar nas instalacións situadas en fronte ao Centro Interfederado de Tui entre as 9h ás 18h.
Hoxe tivo lugar a presentación desta actividade deportivo no Concello de Tui a cargo do alcalde Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes Nicolás Lorenzo, a delegada de Deportes do Club Penedo Estela Campos, e as xogadoras do equipo feminino de kaiak polo Patricia Rincón e Mónica Madarnas.
70 participantes de Galicia e Portugal disputarán o trofeo ao longo da xornada competindo en equipos de 5 xogadores en campo, cunha duración de 20 minutos cada partido, no que os goles deberán marcarse en porterías situadas a 2 metros de altura sobre a superficie da auga. O kaiak polo é un deporte de contacto polo que as xogadoras neste caso, van protexidas con chaleco e caso con rexilla.
O concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, destacou a importancia da celebración deste torneo por ser o primeiro desta categoría que se ten lugar na cidade, motivo polo que, dicía, espertará o interese dos cidadáns por presenciar unha competición destas características.
Existen so 3 categorías na Liga Galega de Kaiak Polo, a sub16 para grupos mixtos de ata os 16 anos, sub21 para grupos de ata os 21 anos e homes absoluta, polo que o equipo feminino do Club Penedo vese obrigado a enfrontarse á categoría sub21 que inclúe homes.
Tanto a delegada de deportes do Club Penedo, Estela Campos, como a xogadora Patricia Ricón, salientaron o reto que a organización desta competición supón para o club feminino de kaiak polo xa que toda a montaxe de porterías e campos está a ser levado a cabo polas propias xogadoras do equipo.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, lembrou a andaina do Club Kaiak Polo que hai anos comezaba a practicar nas piscinas municipais e agora, xa coma equipo consolidado, xogan dentro da Liga Galega de Kaiak Polo, todo un orgullo para a cidade de Tui, ao albergar os únicos dous equipos femininos da Liga Galega feminina, Club Penedo A, e Club Penedo B.
Sem comentários:
Enviar um comentário