Alfonso Davila Crespo, un mozo de 22 anos, que este ano titularase coma Técnico Superior de Son para Audiovisuais e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son de Vigo, está a realizar na actualidade as súas prácticas na Radio Municipal de Tui na área de control e edición.
Alfonso Davila será nunha semanas o primeiro Técnico de Son invidente en Europa. O seu interese polo mundo do son e a música comezou desde ben pequeno. Causáballe admiración o medio radiofónico, coma daquel retransmisor saían voces, música e efectos misturados creando pezas dramáticas perfectas.
A idade dos 9 anos comezou a tocar o acordeón dando concertos en numerosos lugares da comunidade, Asturias, República Dominicana e mesmo na televisión, paixón que todavía lle acompaña, chegando a gravar él mesmo as súas pezas musicais. Nas súas actuacións coma acordeonista descubriu a labor dos técnicos de son, e desde entón tivo clara a súa meta profesional.
Alfonso Davila, que estudou o ensino obrigatorio no centros educativos da ONCE en Pontevedra e Madrid, Bacharelato no IES de Beade e cursou os estudos de Técnico de Son na Escola de Imaxe e Son de Vigo, sendo o primeiro invidente en estudar nesta escola. Grazas ao programa Jaws 13.0, que lle interpreta o que está a facer no ordenador ao través de instrución de son, emprega o programa Sonar 8 para a edición de son, co que puido comezar a traballar autónomamente nese mundo, labor que desempeña nestes momentos – facendo as prácticas formativas - na Radio Municipal de Tui. Nesta etapa formativa tivo que adaptarse ao cambio que supuxo asistir a centros dirixidos especialmente para invidentes, a incorporarse a outros onde el era a excepción, o que supuxo un proceso adaptativo duro.
Satisfeito de ter completado a súa formación, e tras as prácticas que realiza durante once semanas na emisora municipal de Tui, gustaríalle encamiñar o seu futuro profesional a traballar nun estudo de gravación facendo postproducción de música ou elaborando relatos dramáticos radiofónicos mesturando voz, ambiente e música. Recoñece que cumprir o seu soño non é doado porque non son moitas as oportunidades laborais que poden xurdir, máis aínda nestes tempos de crise. Pero Alfonso Davila non tira a toalla e o seu próximo proxecto é poder mercar o seu equipo propio equipo de son para realizarse a sí mesmo mentres non atopa un traballo por conta allea. Grazas aos numerosos concertos que deu coma acordeonista fixo multitude de contactos con bandas de música coas que espera poder comezar a súa carreira profesional.
Mentres tanto, continuará formándose ata o 20 de xuño na Radio Municipal de Tui realizando labores tanto de control técnico coma de edición de son.
Sem comentários:
Enviar um comentário