quarta-feira, 14 de maio de 2014

Tui acolle este domingo o Campionato Provincial Xógade de patinaxe-Grupos Show

Este domingo, 18 de maio, dende ás 18.30 horas, celebrarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui, o Campionato Provincial Xógade de Patinaxe – Grupos Show, organizado polo Club Ribex de Patinaxe, en colaboración co Concello de Tui e Deporte Galego da Xunta de Galicia, dentro do programa de actividades deportivas Xógade.
Neste campionato participarán os mellores clubs de Pontevedra, que presentarán as súas coreografías de grupos show: Asociación Deportiva Xiramos de Mos, Club Patinaxe Bolboreta de Redondela, Club Patinaxe Artístico Soutomaior, Colexio Apóstolo Santiago de Vigo, Club Patinaxe Artístico Luar de Ponteareas e o Club Patinaxe Artístico Ribex de Tui. Un total de máis de 100 patinadores e patinadoras que loitarán pola clasificación para o Campionato Galego de Patinaxe Artístico.

Sem comentários:

Enviar um comentário