O Concello de Tui organiza os Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2014, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.
Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.
As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o día 3 ata o 11 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do concello.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, destaca a importante acollida que ten esta iniciativa na que en 2013 participaron 360 nenos e nenas, engadindo coma xa nas últimas semanas os pais están preguntando por esta oferta estival. O edil insistiu no dobre obxectivo destes campamentos: a conciliación da vida laboral e familiar e ofertar unhas actividades lúdicas, deportivas e educativas nos meses de verán.
Sem comentários:
Enviar um comentário