A empresa tudense Nor Rubber SAL está presente dende hoxe e ata este xoves en Navalia, a Feira Internacional da Industria Naval de Vigo que se celebra no IFEVI.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, visitou esta mañá o stand da empresa tudense, xunto á ministra de Fomento, Ana Pastor, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o a directora do SEPES, Lucía Morales, o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
José Manuel Quintana, director xeral de Nor Rubber SAL e Daniel Pampín, director comercial da empresa tudense, explicaron ás autoridades o traballo que realizan nas instalacións que teñen en San Martiño en Areas, Tui. Entre os produtos que manufacturan derivados do caucho están defensas mariñas para remolcadores e outros buques así coma para portos, pantaláns e portos deportivos. Na actualidade, tal e coma explicou José Manuel Quintana, Nor Rubber é un dos fabricantes destes produtos máis importantes a nivel nacional., o que os leva a estar presentes en Navalia estes días xa que consideran que é un escaparate excepcional ao ser un certame referente non só en España senón tamén a nivel internacional.
Sem comentários:
Enviar um comentário