A atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia, Uxía Pérez Bugarín, foi convocada coa selección nacional de atletismo para disputar a clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude, que se disputarán neste ano 2014 na localidade China de Nanjing.
Uxía Pérez, que foi galardoada na Gala do Deporte Tudense 2013, como mellor atleta feminina promesa, esta obtendo uns resultados impresionantes ao longo deste ano, a nivel galego e nacional, tanto en probas en pista como en cross.
A atleta tudense viaxará á capital de Azerbaian, Baku, para loitar contras as atletas europeas, na proba de 3.000 metros.
Os Xogos Olímpicos da Xuventude son un evento multideportivo, que se celebra cada catro anos, promovido polo Comité Olímpico Internacional (COI), nel que participan atletas de todo o mundo entre 14 e 18 anos.
O Concello de Tui felicita a Uxía Pérez, ao Club Atletismo Tui-Thermalia e ao seu adestrador, Daniel Mouriño, pola convocatoria para formar parte da selección nacional e competir por unha das prazas que Europa terá para a proba de 3.000 metros nos Xogos Olímpicos da Xuventude, desexándolles os maiores dos éxitos nesta tempada.
Sem comentários:
Enviar um comentário