A Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui acolle mañá xoves, ás 20:30h, un concerto de piano a cargo de Luz Estévez Suárez e Jose Paredes Gómez, que interpretarán obras de L.V.Beethoven, F.Chopin, S.Rachmaninoff e A.Scriabin. A entrada é gratuíta e libre ata completar o aforamento.
O concerto inclúese dentro do calendario de actividades que o Conservatorio Profesional ten fixado para o final do presentes, un programa no que se insire tamén para estes días amais do concerto de piano de mañá xoves, unha audición de alumnos de clarinete este venres 23 ás 21h, e outra audición o luns 26 ás 21h.
Sem comentários:
Enviar um comentário