Mañá mércores, 25 de febreiro, ás 11h, terá lugar unha nova proxección do programa “Cinema nas aulas” promovido polo Concello de Tui ao través do departamento de Prevención de Drogodependencias da concellería de Servizos Sociais. A cita será no Teatro Municipal de Tui coa proxección de “Invictus” para 200 alumnos de 2º da ESO do IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Maristas Sta María e Seminario Menor San Paio xunto a 12 profesores/as. Tras a proxección o alumnado recollerá as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, coas que logo traballarán nas aulas.
“Invictus” conta a historia de como Nelson Mandela (Morgan Freeman) aliouse co capitán do equipo de rugby de Sudáfrica, os Springboks, François Pienaar (Matt Damon), para axudar a unificar o seu país. O recentemente elixido presidente Mandela sabe que, tralo apartheid, o seu país segue dividido racial e económicamente. Coa confianza de que pode reconciliar ao seu pobo mediante a linguaxe universal do deporte, Mandela decide apoiar con todo o seu empeño ao débil equipo sudafricano de rugby cando, de forma inesperada, consegue chegar á Final da Copa do Mundo de Rugby de 1995.
O programa “O Cinema nas Aulas” insírese dentro do contexto da educación para a saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde, pois o cine nos divirte pero tamén nos axuda a pensar e aprender.
Sem comentários:
Enviar um comentário