O alcalde de Tui Moisés Rodríguez solicitara una valoración das mesmas diante da posibilidade de que estiveran adfectadas pola Praga do “picudo Rojo”
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro dependente da Deputación de Pontevedra, procedeu nas últimas semanas o estudo do estado das dúas palmeiras que están situadas na Praza da Inmaculada de Tui, fronte a sede dos Xulgados tudenses. Este estudo fora solicitado polo alcalde Moisés Rodríguez diante da posibilidade de que estas palmeiras puideran estar afectadas pola praga do Rynchoforus ferrugineus, vulgarmente coñedido coma “Picudo rojo” parasito que ten afectado un importante número de estas árbores tanto na comarca do Baixo Miño coma na do Val Miñor.
No informe emitido pola Estación Fitopatolóxica , asinado polo seu Xefe de Servicio D. José Pedro Mansilla Vázquez se asegura que estas palmeiras foron analizadas o pasado día 23 de xaneiro, a través dunha valoración visual onde comprobaron que as palmas presentaban un bo estado aparente, e están ben suxeitas o tronco, sin que se desprendan del, descartan inicialmente a presenza do parasito, pero ademais tomarom mostras para analizar mais tarde no laboratorio. O resultado destas análisis confirma a valoración inicial, descartando a presenza de picudo, pero si se detecta un fungo chamado Fusarium solani. Se trata de un fungo vascular que penetra a través do sistema radicular y que pode causar “amarilleo” nas palmas e debilitamento progresivo, pero non é una especie especialemnte nociva para as palmáceas co que non se agardan danos de importancia a curto prazo.
Do mesmo xeito desde a estación detectaron que o sistema radicular,esta limitado debido a pavimentación que rodea a estas arbores. Aínda que polo momento non representa un problema grave, si se aconsella descompactar o terreo o arredor das palmeiras, do mesmo xeito que aconsellan a retirada do almbrado que rodea a parte superior.
Pola súa banda desde o Concello de Tui informan, que o próximo venres vaise proceder a limpeza de vexetación e poda das emblemáticas palmeiras, para posteriormente, retira as valla que por seguridade as rodeana nestas últimas semanas
Sem comentários:
Enviar um comentário