Mañá, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro, por este motivo o Concello de Tui programa para mañá ás 20.30h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica un espectáculo musical a cargo de Xardín Desordenado no que porán música tanto a poemas de Rosalía coma doutros poetas galegos. O espectáculo vai dirixido a todos os públicos e terá entrada libre ata completar aforamento.
Por outra parte mañá os escolares tudense serán os encargados de pór voz á obra de Rosalía de Castro cunha lectura de poemas que realizará o alumnado de distintos centros educativos no programa Día a Día da Radio Municipal entre ás 10 e ás 12h, nunha iniciativa promovida pola Concellería de Cultura xunto á emisora municipal.
Sem comentários:
Enviar um comentário