Esta fin de semana o Club Tideo de Montaña de Tui, con motivo da apertura das súas novas instalacións na rúa Alcalde Casal Aboy, organizará unha serie de actividades relacionadas co medio natural.
Así, o sábado 28, dende ás 09.30 horas, nas súas instalacións, celebrarase unha competición de escalada en bloque, que rematará ás 20.00 horas coa entrega de trofeos. Nestes mesmos horarios, na rúa Travesía Alcalde Casal Aboy organizarase un mercadillo artesanal e haberá unha zona habilitada para a protectora de animais.
Ao termo da proba, todos os interesados que se inscriban, poderán cenar no restaurante do Monte Aloia e gozar dunha velada nocturna nese entorno, coa posibilidade de pernoctar no albergue.
Na xornada do domingo 1 de marzo, ás 09.30 horas realizarase un percorrido polos sendeiros do Monte Aloia, ata a instalación do clube, onde se realizará un sorteo popular cos obxectos doados polos artesáns.
Ás 11.30 horas, realizarase unha ruta turística polo casco histórica da nosa cidade, acompañados polo historiador tudense, Suso Vila.
A partir desa hora, todos os interesados poderán coñecer a instalación, dado que se realizará unha xornada de portas abertas, que rematará ás 13.00 horas co sorteo de agasallos doados polos comercios e artesanos tudenses.
Dende o Concello de Tui, felicitan ao Clube Tideo de Montaña, por esta iniciativa e por poñer a disposición da cidadanía tudense unha instalación destas características.
Sem comentários:
Enviar um comentário