A proxección da película “A Esmorga” abre este venres a programación cultural deste semestre no Teatro Municipal de Tui. O filme, dirixido de Ignacio Vilar, poderá verse en dobre función ás 19h e ás 22h. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania Cruz está baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor.
As entradas para esta proxección están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres hora e media antes do comezo da función no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3,5€.
Proxección de “A Esmorga”
Lugar: No Teatro Municipal
Data: Venres, 27 de febreiro, ás 19h e ás 22h
Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h. Ou o venres dende hora e media antes do comezo da función no despacho de billetes.
Prezo: 5€ prezo xeral – 3,5€ prezo para posuidores do carné xove, carné máis, desempregados, xubilados, familia numerosa, ou carné da biblioteca municipal de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário