O Concello de Tui, ao través da Concellería de Servizos Sociais informa que está aberto o prazo para a solicitude de dous axudas.
Por unha banda ata o 14 de marzo está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de 3 anos convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. o prazo para acollerse ás axudas por fillos menores de tres anos. Poden acollerse ás mesmas as persoas con fillos nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015, co requisito de que ningún membro da unidade familiar presentase a declaración da renda de 2013.
Por outra parte dende Servizos Sociais informa tamén que ata o 19 de febreiro poden solicitarse as axudas para o alugueiro de vivendas convocadas pola Xunta de Galicia.
Os interesados poden tramitar as súas solicitudes nas Dependencias dos Servicios Sociais do Concello en horario de 9 a 14 horas.
Sem comentários:
Enviar um comentário