Os interesados poden enviar a súa solicitude ata o 20 de marzo
O Concello de Tui ven de abrir a convocatoria para participar na XIX Feira de Artesanía que se vai celebrar na cidade o sábado 2 e o domingo 3 de maio.
Este evento ten coma obxectivo de dinamizar e apoiar a produción artesanal a través da venda directa e fomento da relación man a man co público demandante de produtos artesáns, así coma dinamizar o Conxunto Histórico, o Centro Comercial Aberto e a cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.
O departamento de Cultura convoca 30 postos de venda directa para participar nesta feira que se desenvolverá na rúa Ordóñez, Praza do Concello e Praza de San Fernando. Os artesáns interesados deberán remitir ao departamento de Cultura a solicitude de participación dispoñible para a súa descarga na web www.concellotui.org, copia da Carta de Artesán ou equivalente, fotocopia do D.N.I. e varias fotografías do material a expoñer. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o venres 20 de marzo. O Concello de Tui comunicará aos artesáns seleccionados a súa participación antes do venres 10 de abril.
Os interesados poden ampliar esta información e consultar as bases da convocatoria no departamento de Cultura do Concello de Tui ou na web www.concellotui.org. (http://ow.ly/JntJV)
Sem comentários:
Enviar um comentário