O Concello de Tui procederá a contratación de 30 desempregados grazas á axudas concedidas ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais de 2015 da Deputación de Pontevedra.
En concreto Tui percibirá 125.456,40€ para a contratación de 26 operarios e 4 axudantes administrativos a tempo parcial en xornada ordinaria de 25 horas semanais, durante seis meses. A selección será efectuada polo propio Concello de Tui a través do Servizo Público de Emprego entre a persoas desempregadas, que cumpran os requisitos das prazas ofertadas, que non sexas perceptoras de ingresos ou perceptoras prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia. Os contratos deben comezar antes do próximo 1 de abril.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradece á Deputación de Pontevedra esta imporante achega de máis de 125 mil euros para a contratación de 30 persoas, que permitirá por unha banda atender distintos servizos municipais, e por outra a estes desempregados poder contar cun contrato de traballo ao longo de seis meses.
Sem comentários:
Enviar um comentário