O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres vén de editar por terceiro ano consecutivo, coa colaboración do Concello de Tui, da Deputación de Pontevedra e da Eurocidade Tui-Valença, un calendario escolar con propostas de aprendizaxes competenciais ao longo de todo o ano. Unha das novidades con respecto a edicións anteriores é a inclusión de propostas por parte dos departamentos de inglés e música. A presentación tivo lugar hoxe na aula do CRA no Souto, en Guillarei, coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, a vereadora de Educaçao de Valença, Elisabete Domingues, e a directora do CRA, Teresa Domínguez.
Precisamente Teresa Domínguez explicaba que o calendario fai unha serie de suxestións diarias de aprendizaxes para a vida dende tarefas domésticas, a xogos, libros de lectura ou actividades.
O calendario será distribuído entre os 116 alumnos do CRA e tamén entre os máis de 300 das escolas do Agrupamento Murallas do Minho de Valença, con quen este ano dende o Colexio Rural comezaron a facer un proxecto de intercambio.
Este calendario enmárcase no traballo conxunto que se realizan dende a Eurocidade Tui-Valença. Nese senso a a vereadora de Educaçao de Valença, Elisabete Domingues destacaba que isto o inicio dun traballo no que participan tamén as profesoras do Agrupamento Murallas do Minho de Valença, e que programará máis actividades ao longo deste curso.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientaba a importancia do traballo proposto no calendario cos escolares xa que son o futuro, e agradecía a labor realizada polas profesoras para facer realidade este proxecto no ámbito educativo, un campo no que se vén xa traballando dende a Eurocidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário